Nuestros Candidatos (II): David Justo Rodríguez
VIDA
O noso irmán David Justo Rodríguez naceu un 13 de Xuño do 1986 en Sandín (Monterrey).
Con vocación xa desde neno entrou no seminario o primeiro curso que puido, no 1998-1999, para cursar 1º de ESO.
Decidiu dar un paso máis continuando no 2005-2006 cos Estudos Eclesiásticos, atopándose a día de hoxe, con 22 anos, no cuarto curso.
MINISTERIO
“O acólito é instituído para o servizo do altar e como axudante do sacerdote y do diácono. A el compete a preparación do altar e dos vasos sagrados, así como distribuír aos fieis a Eucaristía, da que é ministro extraordinario.” (OGMR 65; cf. Motu propio Ministeria Quaedan n. VI)
AFONDANDO
Unha frase bíblica: “Tanto amou Deus ao mundo que entregou seu fillo unixénito, para que todo o que crea nel no pereza, si non que teña vida eterna” (Xn 3, 16).
Un libro importante: El silencio de Dios (Santiago Martín)
Unha canción: “Cazador” (Nino Bravo)
Unha película: “La vida es bella”.
Aficción: á lectura, o fútbol e ir ao cine.
Unha personaxe histórica: Xoán Paulo II.
Unha boa lembranza da infancia e que era moi traste (de feito levaba case sempre os pantalóns rotos de tanto xogar).
Un bo desexo: chegar a ser misioneiro.
Unha súa viaxe pendente: a Terra Santa.
O seu lugar preferido:a Ribeira Sacra.
Cando perde os nervios e a calma: pensar con calma escoitando música.
De pequeno sempre lle gustou: ser sacerdote (por ese motivo entrou no Seminario Menor).
MÁIS AINDA
· Vocación
A súa vocación forxouse cando axudaba na súa parroquia. O exemplo do seu entonces cura (D. Evaristo) levouno a pensar a posibilidade do sacerdocio como opción de vida.
A pesar de todas as dificultades que viñeron e lle seguirán chegando o desexo de cumprir o seu soño, apoiado en todo momento pola gracia do Señor, levouno a seguir a diante renunciando a posibilidade de marchar do seminario.
· Ministerio
O ministerio espérao con ilusión pois significa un paso máis cara o sacerdocio e un acercamento máis profundo ao altar e a Xesús sacramentado.
· O mundo hoxe
Cree que pese a todo o que se poida dicir ou aparentar, o Señor segue “a nosa porta e chamando” a novos mozos a seguir traballando na mes que “é moita, e os traballadores poucos”.
Comentarios
Estoy seguro de que, en todas las misiones del mundo, hay estos días una oración que "CALLADAMENTE responde" a tu sueño evangelizador.