domingo, 29 de marzo de 2009

¡Tembla Contador! ¡Que imos os seminaristas!


Coa chegada do bo tempo comeza a temporada ciclista no Seminario Maior. Coma ainda estamos nas primeiras pedaladas do ano, fixemos un tramo sinxelo. Baixamos do dende o Seminario ata o paseo nas beiras de río Miño. Continuamos ata as termas de Outariz e volta cara o seminario mayor.

“Baixando tódo-los santos axudan”, so hai que ter en conta trazar ven as curvas e tratar de evitar algún que outro bache. No paseo do Miño, o mais difícil é sortear os ditintos grupos de persoas que camiñan pola “ruta do coresterol”. Pero en canto vemos alguna subidiña libre o “pique” é inevitable, para acadar a camisola blanca a topos roxos que acredita o mellor escalador. Como ainda nos estamos ó cento por cen deixamos o paseo a medias, cruzando pola ponte da estrada nacional e encamiñámonos cara a subida de Ervedelo.

Nesta última subida, as pernas empezan a doer e os esforzos por acada-la camisola da montaña páganse, os rodadores van caindo “coma froita madura” e quedan para o “carriño do pescado”. Os máis aptos para a escalada destácanse, pero nalgunha esquina está agochado o “señor do mazo” que os golpea e os deixa “apaxarados” polo que teñen que integrarse eles tamén no grupo dos sprinters.

Neste momento a subida ata o Seminario convírtese nun auténtico Anglirú. Agora os “piques” xa non son entre nos, que ben temos con animarnos mutuamente, senon cos caracois que nos pasan a tal velocidade que nos “quitan as pegatinas”.

Con todo empre acadámo-la meta e a falta dun masaxista que nos alivie as pernas conformámonos cunha cocacola que ven merecida a temos.


Por Néstor Álvarez Rodríguez e Segundo Fernández Movilla

1 comentario:

Félix dijo...

Jejeje, "nos meus tempos" como moito ibamos un feixe deles a correr.
¡Vaia recordos!: Diego, Carlos, Alberto,... e case sempre Seminario-Lagoas, parada pa un grolo de auga e subida.

onkeydown='return checartecla(event)'