Ir al contenido principal

Nuestros Candidatos (IV): Florentino Cortés Domínguez


Naceu aló polo ano 1970 no Panamá, nunha familia de emigrantes galegos. É o menor de tres irmáns.

Cando contaba 15 anos sentiu a chamada do Señor, pero pospuxo darlle unha resposta porque primeiro prefería coñecer o mundo.

Tras facer a carreira de Económicas decidiu que xa era o momento de ires para o Seminario e dar unha resposta afirmativa o que sentía como a súa verdadeira vocación e poder deste xeito levar o Reino de Deus a tódalas xentes.


MINISTERIO: ADMISIÓN AO DIACONADO E PRESBITERADO.

Trala verificación da idoneidade dos candidatos, son chamados e consagrados ao servizo de Deus e da Igrexa, marcándoos coa sinal do Espírito Santo. Deste xeito, coa súa presentación ao Bispo, quedan destinados por medio da Orde Sagrada a perpetuar a misión salvífica que Cristo viu realizar no mundo. E cando chegue o momento oportuno, asociados ao ministerio a través da ordenación, servirán á Igrexa. Os candidatos, impulsados polo amor de Cristo manifestan publicamente o seu desexo de consagrarse ao servizo de Deus e dos homes. De modo que quedan destinados por medio da Orde Sagrada a perpetuar a misión salvífica que Cristo viu realizar no mundo. E cando chegue o momento oportuno, asociados ao ministerio a través da ordenación, servirán a Igrexa.


01) Frase Bíblica: “O SEÑOR É O MEU PASTOR: NADA ME FALTA” (Salmo 22, 1).

02) Libro, Canción e Películas favoritos: “EL COMBATE ESPIRITUAL” DE P. LORENZO SCÚPOLI. “PENÉLOPE” DE J. M. SERRAT. “EL PLANETA DE LOS SIMIOS”.

03) Afición: XOGAR AO TENIS.

04) Personaxe histórico: FRANCISCO FRANCO BAHAMONTE.

05) Viaxe pendente: TERRA SANTA.

06) Recordo da Infancia: O DÍA DA PRIMEIRA COMUÑÓN.

07) Desexo: QUE DEUS REINE NO CORAZÓN DA HUMANIDADE.

08) Lugar: O MONTE DE FEÁS.

09) Que che fai recuperar a calma?: A ORACIÓN.

10) De cativo querías ser...: ECONOMISTA.

Por Samuel Pereira Conde