Coa chegada do bo tempo comeza a temporada ciclista no Seminario Maior. Coma ainda estamos nas primeiras pedaladas do ano, fixemos un tramo sinxelo. Baixamos do dende o Seminario ata o paseo nas beiras de río Miño. Continuamos ata as termas de Outariz e volta cara o seminario mayor. “Baixando tódo-los santos axudan”, so hai que ter en conta trazar ven as curvas e tratar de evitar algún que outro bache. No paseo do Miño, o mais difícil é sortear os ditintos grupos de persoas que camiñan pola “ruta do coresterol”. Pero en canto vemos alguna subidiña libre o “pique” é inevitable, para acadar a camisola blanca a topos roxos que acredita o mellor escalador. Como ainda nos es tamos ó cento por cen deixamos o paseo a medias, cruzando pola ponte da estrada nacional e encamiñámonos cara a subida de Ervedelo. Nesta última subida, as pernas empezan a doer e os esforzos por acada-la camisola da montaña páganse, os rodadores van caindo “coma froita madura” e quedan para o “carriño do pesca
Diócesis de Ourense